Decreto 139/2014, do 23 de outubro, polo que se crea e regula a Mesa de Coordinación do Control da Cadea Alimentaria

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería do Medio Rural - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 19/11/2013

Data da publicación no DOG: 07/11/2014

Obxecto: Crear a Mesa de coordinación do control da cadea alimentaria como instrumento para garantir a intervención, en todas as fases da cadea alimentaria, dos dispositivos de control oficial necesarios e impulsar a participación e coordinación interdepartamental na garantía do cumprimento da normativa alimentaria, incluíndo a información ao consumidor de acordo coa protección dos seus dereitos básicos.

Estado actual: aprobada e publicada no DOG