Orde pola que se amplía a relación de materias optativas do bacharelato e se establece o seu currículo

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Departamento: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades - Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 03/04/2023 - 17/04/2023

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    A normativa vixente que regula a etapa do bacharelato en Galicia é o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. Este determina que as alumnas e os alumnos cursarán, tanto en 1º curso como no 2º curso, unha materia optativa de entre as sinaladas, indicando que a consellería con competencias en materia de educación establecerá o currículo das mesmas. Actualmente atópase en fase de tramitación a modificación deste Decreto para regular que a consellería con competencias en materia de educación poida ampliar a oferta de materias optativas e establecer o seu currículo.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Ampliar a relación de materias optativas do bacharelato e establecer o seu currículo.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Ampliar a relación de materias optativas e establecer o seu currículo para que os centros poidan ofertalas no curso 2023-24.

  • Obxectivos:

    Ampliar a relación de materias optativas do bacharelato e establecer o seu currículo.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Considérase que para cumprir o mandato normativo do Decreto a mellor alternativa será desenvolvelo a través dunha norma con rango de orde.

  • Rango da norma:

    Orde

Achegas e opinións recibidas: 101