-
Antecedentes:
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, creou unha nova estrutura curricular e afectou, entre outros, a varios aspectos do bacharelato como os principios e obxectivos, a organización ou a avaliación.
O Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia concretou as intencións do sistema educativo galego para esta etapa educativa. Na súa Disposición derradeira segunda facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar cantas disposicións sexan precisas no relativo ao desenvolvemento do Decreto.
-
Problemas que se pretenden solucionar:
Regular aqueles aspectos do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, que precisan de maior desenvolvemento normativo para poder ser aplicados con garantías e con coherencia polos centros docentes.
-
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Actualizar o desenvolvemento normativo ao novo Decreto que regula a etapa de educación secundaria obrigatoria en Galicia.
-
Obxectivos:
Concretar aqueles aspectos da ordenación e o currículo na etapa de educación secundaria obrigatoria na Comunidad Autónoma de Galicia que precisan unha maior regulación normativa.
-
Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:
Na Disposición derradeira segunda do Decreto 156/2022, do 15 de setembro, facúltase a persoa titular da consellería con competencias en materia de educación para ditar cantas disposicións sexan precisas no relativo ao desenvolvemento do Decreto.
Polo tanto, considérase que para cumprir o mandato normativo a mellor alternativa é desenvolvelo a través dunha norma con rango de orde.
-
Rango da norma:
Orde