Orde pola que se establecen os formularios normalizados que se empregarán nos procedementos administrativos para a autorización das intervencións nos bens integrantes do Patrimonio Cultural de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 17/02/2021 - 03/03/2021

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Unha vez aprobada a Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia na que se establece a necesaria autorización da D.X. do Patrimonio Cultural para determinadas intervencións e publicados os Decretos 84/2017, do 3 de agosto, e 93/2017, do 14 de setembro, precísase establecer os formularios normalizados para as súas solicitudes.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Falta de formularios específicos para as solicitudes de autorización nas intervencións en bens do patrimonio cultural.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Necesidade de habilitar os formularios para a presentación electrónica polas persoas interesadas das solicitudes de autorización das intervencións nos bens do patrimonio cultural de Galicia cumprindo así coa normativa en materia de Administración electrónica ao mesmo tempo que se facilita a súa presentación.

  • Obxectivos:

    Esta orde ten por obxecto aprobar os formularios normalizados que se empregarán nas solicitudes para as autorizacións das intervencións que se pretendan realizar en bens de interese cultural ou catalogados, así como, de ser o caso, no seu contorno de protección ou na súa zona de amortecemento, de conformidade co establecido na Lei 5/2016, de 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia e nos Decretos 84/2017, do 3 de agosto, polo que se regula a composición e o funcionamento da Comisión Mixta Xunta de Galicia-Igrexa Católica e 93/2017, do 14 de setembro, polo que se regula a composición e o funcionamento dos Consellos Territoriais de Patrimonio Cultural de Galicia, do Consello Asesor dos Camiños de Santiago e da Comisión Técnica de Arqueoloxía.

  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Seguir utilizando a presentación electrónica de solicitude que non conta cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (PR004A)

  • Rango da norma:

    Orde