Decreto polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 02/07/2021 - 17/07/2021

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato (DOG núm. 245, do 26 de decembro).

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (en diante LOE), introduce nesta, ente outras, modificacións que afectan aos criterios de admisión de alumnado (artigo 84) e á determinación das áreas de influencia dos centros docentes públicos e privados concertados (artigo 86), que estarán vixentes no curso 2022/23.

    O novo decreto pretende incorporar as modificacións lexislativas mencionadas, reestruturar os contidos e delimitar certos conceptos vinculados ao procedemento de admisión.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    É necesario incluír na normativa autonómica sobre admisión as modificacións introducidas na regulación da LOE, e ademais, esta norma autonómica ten que estar vixente no curso escolar 2022/23. Polo tanto, ao longo do 2021, cómpre elaborar o decreto, que incluirá as cuestións nas que a normativa autonómica desenvolve a lei.

    Ademais da necesidade indicada, é conveniente efectuar unha reestruturación dos contidos e a delimitación de certos conceptos vinculados ao procedemento de admisión.

  • Obxectivos:

    1. Incluír na normativa autonómica sobre admisión as modificacións introducidas na regulación da LOE.
    2. Reestruturar os contidos e delimitar certos conceptos vinculados ao procedemento de admisión.
  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    A alternativa á elaboración do presente decreto sería a modificación puntual do decreto anterior, para incorporar as modificación lexislativas introducidas, basicamente, nos artigos 84 e 86 da LOE. Pero resulta máis adecuado elaborar un novo decreto que substitúa ao anterior, para efectuar unha reestruturación dos contidos, delimitar certos conceptos vinculados ao procedemento de admisión do alumnado e incorporar o resultado da experiencia dos últimos anos, actuando dende a perspectiva que dá a implantación da Administración electrónica.

  • Rango da norma:

    Decreto