Decreto polo que se modifican o Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, e o Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Secretaría Xeral Técnica

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 28/01/2019 - 12/02/2019

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    • Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia
    • Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos
    • Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
    • Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
  • Problemas que se pretenden solucionar:

    A Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia e o seu desenvolvemento regulamentario a través do Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, crean as entidades de certificación de conformidade municipal (ECCOM), que desenvolven actuacións de certificación, verificación, inspección e control da conformidade de instalacións, establecementos e actividades coa normativa aplicable no ámbito municipal

    A modificación dos decretos 143/2016 e 144/2016 pretende clarificar o réxime de presentación de comunicacións previas e licenzas ao inicio das obras e actividades.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Os regulamentos que desenvolven tanto a Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia como a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia pretenden ser un instrumento vivo, dinámico e de utilidade para os operadores técnicos e xurídicos que os manexan, polo que cómpre solucionar aqueles aspectos que se foron suscitando na práctica durante a súa vixencia.

  • Obxectivos:

    Coa modificación destes decretos preténdese dar maior seguridade xurídica aos cidadáns nas súas relacións coa Administración, dotar a tramitación a través das certificacións de conformidade municipal de maior axilidade e eficacia.

  • Rango da norma:

    Decreto