Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Departamento: Consellería de Economía, Emprego e Industria - Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 27/06/2018 - 12/07/2018
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Ao abeiro da competencia exclusiva que o artigo 27.17º do Estatuto de Autonomía de Galicia outorga á nosa comunidade autónoma en materia de artesanía, o Parlamento galego aprobou a Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, establecendo o marco legal de actuación do sector artesanal de Galicia.O artigo 8º da devandita lei faculta á Consellería de Economía, Emprego e Industria para que, despois da proposta da Comisión Galega de Artesanía, dite as normas precisas para crear distintivos que garantan a procedencia da produción artesanal galega e posibiliten a súa identificación nos mercados.En virtude deste artigo, ditouse a Orde de 31 de xullo de 2001, pola que se regula o procedemento para a concesión, uso e control da marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia.
Problemas que se pretenden solucionar:
No pleno da Comisión Galega de Artesanía, celebrado o 26 de abril de 2018, o sector artesanal galego transmitiu a conveniencia de adaptar a normativa reguladora da marca Artesanía de Galicia ás novas necesidades e circunstancias dos artesáns, obradoiros e establecementos de venda da mesma.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
Na actualidade, a marca de Artesanía de Galicia é recoñecida polos seus usuarios como un valor engadido e polos consumidores como unha imaxe de calidade e prestixio dos produtos, constituíndo unha das principais fortalezas do sector artesán galego, polo que debe ser aproveitada para impulsar o posicionamento nacional e internacional da artesanía e para unha maior promoción e comercialización do produto artesán galego.Xorde así a necesidade de reforzar a marca de Artesanía de Galicia como eixe vertebrador da promoción e comercialización, polo que é preciso adecuar o seu uso ás novas fórmulas de comercialización e reforzar condicións do uso da marca coa finalidade de incrementar a súa protección e reducir o intrusismo e a competencia desleal.
Obxectivos:
O anteproxecto de orde ten por obxecto regular a marca que, coa denominación de Artesanía de Galicia, é propiedade da Xunta de Galicia, e o procedemento para a súa concesión, uso e control do distintivo da mesma, derrogando a Orde do 31 de xullo de 2001.
Rango da norma:
Orde