Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería do Medio Rural - Secretaría Xeral Técnica
Estado actual: Consulta pechada
Prazo no que estivo aberta a consulta: 17/01/2018 - 31/01/2018
Información sobre a norma :
Antecedentes:
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de GaliciaLei 5/2017, do 19, outubro de fomento da implantación de iniciativas empresariais
Problemas que se pretenden solucionar:
Adaptar o Decreto 20/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, as previsións sobre aproveitamentos forestais, contidas na Lei 5/2017, do 19 de outubro.
Necesidade e oportunidade da súa aprobación:
A necesidade vén determinada pola próxima entrada en vigor da lei 5/2017, que regula a autorización forestal única, coas excepcións contidas na devandita lei.
Obxectivos:
Regular os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.
Rango da norma:
Decreto
Achegas e opinións recibidas: 2