Decreto para a modificación do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais

Órgano ou entidade impulsora: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Departamento: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 28/12/2017 - 31/01/2018

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia, modificada pola Lei 9/2016, do 8 de xullo.

    Decreto 243/2008, do 16 de outubro, modificado polo Decreto 77/2010, do 29 de abril, de desenvolvemento da lei de coordinación.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    Actualización e adaptación para o necesario desenvolvemento regulamentario da Lei de Coordinación de Policías Locais, logo da modificación operada pola Lei 9/2016, do 8 de xullo.

  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    Adaptación aos cambios normativos operados na lei de coordinación.

  • Obxectivos:

    Establecemento dun marco normativo común de xeral aplicación aos concellos con corpos de policía local e vixilantes municipais.

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 9