Decreto polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade impulsora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Estado actual: Consulta pechada

Prazo no que estivo aberta a consulta: 28/07/2026 - 21/08/2026

Información sobre a norma :

  • Antecedentes:

    O Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Desde a súa aprobación, este decreto constituíu un instrumento esencial e imprescindible para o regulamento das liñas e criterios para de ordenación do sistema universitario de Galicia.
    Ao longo dos seus máis de quince anos de vixencia, esta norma viuse afectada polos diferentes cambios normativos da Lei orgánica de universidades e disposicións de desenvolvemento.

    A aprobación da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do Sistema Universitario (LOSU), o Real Decreto 822/2021, do 28 de setembro polo que se establece a organización das ensinanzas universitarias e do procedemento de aseguramento da calidade,  introducen unha profunda modificación do marco xurídico estatal aplicable para la existencia e creación de novas universidades, estruturación das memorias o número mínimo de titulacións en novas universidades... o que fai necesaria a adaptación da normativa autonómica vixente para garantir a coherencia normativa e a seguridade xurídica.

  • Problemas que se pretenden solucionar:

    O réxime actual regulado no Decreto 222/2011, do 2 de decembro, presenta limitacións e deben actualizarse para manter unha regulación que sexa acorde cos obxectivos e modificacións significativas que se contemplan a nivel nacional, ao producirse cambios de diversa índole:

    • Consolidación do número de créditos dos títulos de Grao, MU e Programas de Doutoramento
    • Adscrición das cinco ramas de coñecemento aos ámbitos de coñecemento
    • Os resultados do proceso de formación e aprendizaxe deben concretarse na correlación entre os coñecementos o contidos, competencias e habilidades ou destrezas.
    • Incorporación da mención Dual, programas académicos de simultaneidade, programas académicos de percorrido sucesivo
    • Ensinanzas propias das universidades
    • Actualizar a cuantificación de estudantado de novo ingreso nas titulacións de grao, máster universitario e programas de doutoramento para o seu mantemento no sistema público universitario
  • Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

    A modificación do Decreto 222/2011 resulta necesaria para adaptar as liñas e criterios de ordenación do sistema universitario á realidade actual, aproveitando a oportunidade de creación dunha nova regulación en consonancia coa normativa estatal.

  • Obxectivos:

    • Establecer como obrigatorio un mapa de titulacións coherente e coordinado, aplicable a todas as universidades do Sistema Universitario de Galicia
    • Ante a inminente diminución da poboación resultante dunha taxa de crecemento demográfica negativa, reducirase o nivel de esixencia do número mínimo de alumnado de novo ingreso nas titulacións de grao e máster universitario, mantendo a diferenciación entre campus centrais e campus non centrais
  • Posibles solucións, alternativas, regulatorias e non regulatorias:

    Dado que se trata de abordar unha profunda revisión e actualización das liñas xerais de organización das ensinanzas universitarias no conxunto da comunidade autónoma e en cumprimento dos obxectivos da nova regulación estatal, as universidades da comunidade autónoma non poden ser alleas as políticas educativas superiores, polo que a regulación da presente norma resulta idónea.

  • Rango da norma:

    Decreto

Achegas e opinións recibidas: 1