Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Para facilitarlle o seguimento das últimas normativas tramitadas polos centros directivos ou entidades dependentes dos departamentos da Xunta de Galicia recóllense neste espazo aquelas disposicións que foron xa aprobadas e publicadas no Diario Oficial de Galicia dentro dos últimos catro anos, contado desde a data de publicación da norma no DOG. As persoas interesadas en ter información das normas que teñan un tempo de publicación superior, poden facer dita consulta no buscador do propio diario
Ten dispoñibles para consulta 624 normativas en tramitación:
Data de publicación no DOG: 27/04/2026 | Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Decreto 31/2026, do 20 de abril, polo que se modifica o Decreto 172/1995, do 18 de maio, polo que se aproba o Plan de urxencias extrahospitalarias da Comunidade Autónoma de Galicia
Data de publicación no DOG: 07/04/2026 | Sanidade
Lei 3/2026, do 30 de marzo, de modificación da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de saúde de Galicia
Recibíronse 18 suxestións para esta norma
Data de publicación no DOG: 30/03/2026 | Sanidade - Servizo Galego de Saúde (Sergas)
Orde do 25 de febreiro de 2026 pola que se regula a acreditación dixital do persoal que intervén nos procedementos de prestación e xestión de servizos do Sistema público de saúde de Galicia
Data de publicación no DOG: 25/03/2026 | Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional - Dirección Xeral de Formación Profesional
Decreto 20/2026, do 9 de marzo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia
Recibíronse 15 suxestións para esta norma
Data de publicación no DOG: 11/03/2026 | Mar - Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Orde do 4 de marzo de 2026 pola que se regula a xestión dos excedentes procedentes do marisco obtido durante a actividade marisqueira
Recibiuse 1 suxestión para esta norma
Data de publicación no DOG: 02/03/2026 | Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro
Lei 2/2026, do 27 de febreiro, de medida excepcional de carácter fiscal
Data de publicación no DOG: 27/02/2026 | Sanidade - Servizo Galego de Saúde (Sergas)
Orde do 11 de febreiro de 2026 pola que se modifica a Orde do 7 de decembro de 2022 pola que se crea e se regula o Consello Técnico de Seguimento e Mellora da Calidade no Control Oficial en Saúde Pública e se establecen a súa composición, organización e funcionamento
Data de publicación no DOG: 20/02/2026 | Medio Rural - Dirección Xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria
Decreto 7/2026, do 2 de febreiro, polo que se regula o marcado de ovos (códigos de procedemento MR401B, MR401C, MR401D, MR401E, MR401F e MR401G)
Data de publicación no DOG: 11/02/2026 | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Secretaría Xeral Técnica
Lei 1/2026, do 5 de febreiro, do clima de Galicia
Recibíronse 16 suxestións para esta norma
Data de publicación no DOG: 05/02/2026 | Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura
Decreto 4/2026, do 19 de xaneiro, polo que se regulan os procedementos de creación, modificación e disolución de museos e outros centros museísticos de Galicia