Temas

Para facilitar a localización dos contidos deste portal estrutúrase esta sección en seis bloques temáticos: Participación e relacións coa cidadanía; Transparencia institucional, organizativa e de planificación; Información de relevancia xurídica; Información económica, orzamentaria e estatística; Información en materia de persoal e Ordenación do territorio e medio ambiente.

Imagen asociada a Temas
Logo asociado a Participación e relacións coa cidadanía

Participación e relacións coa cidadanía

Obrigas específicas de información sobre as relacións coa cidadanía: a relación de procedementos e servizos, o réxime xurídico dos servizos públicos, os requirimentos e as condicións de acceso aos servizos públicos, as cartas de servizos aprobadas ou os resultados das avaliacións de calidade efectuadas.

Logo asociado a Transparencia institucional, organizativa e de planificación

Transparencia institucional, organizativa e de planificación

Incorpóranse todas aquelas obrigas específicas de información institucional, organizativa e de planificación que recolle a normativa básica en materia de transparencia e tamén se incorporan na Lei de transparencia e bo goberno.

Logo asociado a Información de relevancia xurídica

Información de relevancia xurídica

Incorpóranse aquelas obrigas específicas que recolle a normativa básica en materia de transparencia e que incorpora tamén a Lei de transparencia e bo goberno, entre estas últimas a relación da normativa vixente na súa versión consolidada e os textos das resolucións xudiciais firmes que afecten a vixencia ou interpretación das normas ditadas pola Administración pública competente.

Logo asociado a Información económica, orzamentaria e estatística

Información económica, orzamentaria e estatística

Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas de información económica, orzamentaria e estatística que recolle a normativa básica en materia de transparencia e que, a maiores, incorpora tamén a Lei  de transparencia e bo goberno e tamén aquelas outras que esta última sinala como obrigas específicas de información patrimonial, en materia de contratación pública, sobre concesión de servizos públicos, sobre convenios, sobre encomendas de xestión e encargos a medios propios e sobre subvencións.

Logo asociado a Información en materia de persoal

Información en materia de persoal

Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas específicas de información en materia de persoal que recolle a normativa básica en materia de transparencia e que, a maiores, incorpora tamén a Lei de transparencia e bo goberno.

Logo asociado a Ordenación do territorio e medio ambiente

Ordenación do territorio e medio ambiente

Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas de informar sobre cuestións relativas á ordenación de territorio e ao medio ambiente que recolle a normativa básica en materia de transparencia e aquelas outras que, a maiores, incorpora tamén a Lei de transparencia e bo goberno.