Participación e relacións coa cidadanía
Dáse conta neste apartado das obrigas específicas de información sobre as relacións coa cidadanía que recolle a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, entre elas, a relación de procedementos e servizos á disposición da cidadanía, o réxime xurídico dos distintos servizos públicos, os requirimentos e as condicións de acceso aos servizos públicos, as cartas de servizos aprobadas ou os resultados das avaliacións de calidade efectuadas.
Ademais, a través deste apartado, a cidadanía pode participar na elaboración da normativa, plans e outras políticas específicas da Comunidade Autónoma de Galicia, tendo tamén a posibilidade de participar no proceso previo de elaboración normativa mediante o acceso ás consultas públicas previas.
- C
Consulta pública previa
Co obxectivo de mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, con carácter previo á elaboración do proxecto ou anteproxecto de lei ou de regulamento, tramitarase unha consulta pública a través deste apartado co obxecto de solicitar a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.
- N
Normativa en tramitación
O artigo 9 (Obrigas específicas de información de relevancia xurídica) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno sinala que debe facerse pública "c) A relación circunstanciada e motivada dos procedementos de elaboración de anteproxectos de lei e de disposicións administrativas de carácter xeral que estean en tramitación, a partir do momento en que se produza a aprobación do anteproxecto, con indicación do seu obxecto e estado de tramitación, así como a posibilidade que teñen as persoas de remitir suxestións e a forma de o facer".
- P
Procedementos de información pública
Neste apartado dáse cumprimento á obriga prevista no artigo 7 e) da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno que contempla a publicación dos documentos que, conforme á lexislación sectorial vixente, deban ser sometidos a un período de información pública durante a súa tramitación.
- P
Participación cidadá no Parlamento de Galicia
Neste apartado recóllense as distintas vías de participación cidadá no Parlamento de Galicia, facilitando que os galegos e galegas se impliquen activamente na actividade parlamentaria.