O obxectivo é a comprobación da adecuación da posta en funcionamento e as condicións de servizo dos establecementos, instalacións, actividades e produtos respecto dos regulamentos de seguridade e da normativa que lles sexan aplicables.
O plan está composto por cinco programas:
- Instalacións sometidas a regulamentos de seguridade industrial que abrangue os sectores: Instalacións eléctricas de baixa tensión, Alta tensión e centros de transformación particulares, Ascensores, Instalacións de distribución polo miúdo de produtos petrolíferos líquidos: subministración a vehículos, Instalacións de almacenamento de produtos petrolíferos para a subministración de combustible a vehículos propios, Instalacións térmicas nos edificios, Instalacións de almacenamento de produtos químicos, Instalacións de seguridade contra incendios en establecementos industriais con nivel de risco intrínseco baixo, Instalacións con equipos a presión, Guindastres Torre.
- Empresas instaladoras ou mantedoras no ámbito da seguridade industrial.
- Accidentes graves que se refire á inspección dos establecementos industriais afectados polo Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, no seu nivel superior e inferior.
- Organismos de control
- Persoas técnicas tituladas competentes. As direccións territoriais da Consellería de Economía e Industria son as encargadas da selección dos establecementos, instalacións e actividades obxecto de inspección considerando criterios de oportunidade e aleatoriedade.
A vixencia do plan comenza o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 30 de abril de 2027.
A Consellería de Economía e Industria dará conta dos resultados do plan de inspección e das conclusión derivadas da súa execución no Parlamento de Galicia, por medio da Comisión de Industria.
Data de aprobación do Plan: 08/07/2026