No Plan anual 2026 recóllense os compromisos, os medios de actuación e os recursos orzamentarios que o Goberno galego pon a disposición da cooperación para o desenvolvemento para o ano 2026, de acordo coas orientacións establecidas no V Plan director da Cooperación Galega 2023-2026; e conta cunha dotación orzamentaria 10.347.978 €, é dicir, un incremento do 5 % con respecto do ano 2025.
Data de aprobación polo Consello da Xunta: 09/02/2026