Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2025-2027

Este plan será, consonte o establecido na Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, o principal instrumento para acadar a transversalidade en materia de xuventude co resto de consellerías da Xunta de Galicia, así como a coordinación coas diferentes administracións públicas que incidan no seu ámbito de aplicación.

Imaxe asociada a Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2025-2027

Os principais obxectivos do novo Plan estratéxico de xuventude 2025-27 son os seguintes:

  • Continuar apoiando os programas e iniciativas orientados á mellora da empregabilidade da mocidade galega a través da adquisición de competencias, destrezas e capacidades complementarias á educación formal ou regrada, promover a mobilidade internacional e reforzar os programas de educación non formal.
  • Procurar o benestar físico, psíquico, emocional e social da poboación moza, a través da promoción de estilos de vida saudables e de ámbitos sociais e medioambientais adecuados.
  • Contribuír á mellora das condicións que fagan posible a emancipación da xuventude a través de accións de fomento do emprego, emprendemento e apoios á contratación, así como facilitar o acceso á vivenda.
  • Promover novas iniciativas e proporcionar á mocidade alternativas educativas e saudables para o seu tempo libre, a través de programas de ocio educativo e espazos atractivos, sustentables, formativos e favorecedores do intercambio de valores, experiencias e coñecemento.

Data de aprobación polo Consello da Xunta: 22/05/2025