Os tres obxectivos estratéxicos do plan son os seguintes:
- O.E.1. Impulsar a mellora da competitividade para consolidar un sector comercial moderno, atractivo e de calidade
- O.E.2. Fomentar novas fórmulas de dinamización e colaboración comercial que permitan unha maior visibilización do comercio para estimular a oferta e revitalizar espazos urbanos e rurais
- O.E.3. Potenciar a colaboración institucional e a gobernanza para acadar unha maior eficiencia dos apoios públicos destinados a dinamizar o comercio local
Para a consecución destes obxectivos establécense no plan 16 medidas e 74 accións estruturadas en torno a 3 eixes:
- Eixe 1. Competitividade do sector comercial
- Eixe 2. Dinamización e visibilidade do comercio
- Eixe 3. Gobernanza e colaboración institucional
Data de aprobación polo Consello da Xunta: 31/03/2025