Estratexia de Educación Dixital 2030

Estratexia para a Educación Dixital 2030 en Galicia que, a través de dous eixes, catro ámbitos de actuación e 12 accións de impacto, busca fomentar o ecosistema educativo dixital e perfeccionar as competencias e capacidades dixitais das comunidades educativas.

Imaxe asociada a Estratexia de Educación Dixital 2030

A Estratexia para a Educación Dixital 2030 pretende fomentar o ecosistema educativo dixital e perfeccionar as competencias e capacidades dixitais das comunidades educativas mediante a actuación nos ámbitos do alumnado, profesorado, familias, centros educativos e comunidade educativa en xeral.

Organízase en torno a 12 accións de impacto: a dotación de Polos creativos, o Plan Dixital de centro, o traballo con IA, STEM, robótica e tecnoloxías intensivas, o desenvolvemento da administración educativa dixital, as aulas virtuais intelixentes, mobilidade virtual e actividades virtuais extraescolares, a accesibilidade universal, contidos dixitais, un plan integral de formación e acreditación de competencias dixitais da comunidade educativa, un plan formativo en recursos dixitais, un plan integral de loita contra a desinformación e un plan de infraestruturas educativas.

Data de aprobación do plan no Consello da Xunta: 02/09/2023