O propósito principal deste Plan Sectorial é o establecemento dunha rede mallada na que as novas vías radiais de entrada á cidade permitirían dispoñer de accesos alternativos á Ría do Burgo. Pola súa banda, as vías anulares facilitarían o desenvolvemento e as relacións na área metropolitana e no acceso ás áreas industriais, residenciais e aos intercambiadores modais.
Data de aprobación do plan: 29/07/2004