O obxectivo fundamental do Plan Camgal é obter na Comunidade Autónoma de Galicia a máxima protección para as persoas, o medio ambiente e os bens que poidan resultar afectados en calquera continxencia derivada de sucesos relacionados coa contaminación mariña accidental. Como obxectivos defínense a planificación e coordinación da resposta dos distintos medios capaces de realizar operacións de loita contra este tipo de contaminación, pertencentes a diversas administracións ou a institucións públicas ou privadas, así como o fomento da utilización axeitada e a mellora dos medios de loita contra a contaminación mariña accidental e da capacitación de persoal especializado a nivel territorial.
Data de aprobación no Consello da Xunta: 28/1/2021
Data de publicación no DOG: 9/2/2021