O Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 dá continuidade ao anterior, que abarcaba o período 2011-2015, e foi elaborado cunha alta participación, posto que foi tratado na Comisión Autonómica de Tráfico e Seguridade Viaria onde están representadas todas as Administracións con competencias na xestión de infraestruturas viarias en Galicia, a DGT e a Agrupación de Tráfico da Garda Civil, ademais de contar coa implicación das distintas Consellerías da Xunta de Galicia e coa participación de diferentes axentes sociais.
O Plan de Seguridad Viaria de Galicia 2016-2020 desenvolve medidas e accións englobadas dentro dos 5 obxectivos estratéxicos, en consonancia co establecido no Plan Mundial de Acción para a seguridade viaria para o decenio 2011-2020: xestión da seguridade viaria, vías de tránsito e mobilidade máis seguras, vehículos máis seguros, usuarios/as de vías de tránsito máis seguros/as e resposta tras os accidentes.
Data de actualización: 4/2/2016
Avaliación e seguimento: abordarase na metade e ao final do prazo de vixencia do plan.