Misión
Dotar ao sector turístico galego de todas aquelas ferramentas que permitan mellorar a accesibilidade do destino e a súa oferta.
Visión
Converter a Galicia nun destino referente en materia de turismo accesible que logre a inclusión real de todas as persoas.
Obxectivos estratéxicos
- Mellorar o grao de accesibilidade da oferta e inclusión do colectivo de persoas con discapacidade
- Situar a Galicia como destino de turismo accesible no mercado nacional e internacional
- Crear iniciativas que consigan formar e sensibilizar á poboación sobre accesibilidade universal
- Proporcionar novas oportunidades de negocio ás empresas turísticas galegas
- Establecer mecanismos para a xestión do turismo accesible por todos os axentes involucrados.
Data de actualización: 19/7/2017