Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Para facilitar a localización dos contidos deste portal estrutúrase esta sección en seis bloques temáticos: Participación e relacións coa cidadanía; Transparencia institucional, organizativa e de planificación; Información de relevancia xurídica; Información económica, orzamentaria e estatística; Información en materia de persoal e Ordenación do territorio e medio ambiente.
Participación e relacións coa cidadanía
Obrigas específicas de información sobre as relacións coa cidadanía: a relación de procedementos e servizos, o réxime xurídico dos servizos públicos, os requirimentos e as condicións de acceso aos servizos públicos, as cartas de servizos aprobadas ou os resultados das avaliacións de calidade efectuadas.
Transparencia institucional, organizativa e de planificación
Incorpóranse todas aquelas obrigas específicas de información institucional, organizativa e de planificación que recolle a normativa básica en materia de transparencia e tamén se incorporan na Lei de transparencia e bo goberno.
Información de relevancia xurídica
Incorpóranse aquelas obrigas específicas que recolle a normativa básica en materia de transparencia e que incorpora tamén a Lei de transparencia e bo goberno, entre estas últimas a relación da normativa vixente na súa versión consolidada e os textos das resolucións xudiciais firmes que afecten a vixencia ou interpretación das normas ditadas pola Administración pública competente.
Información económica, orzamentaria e estatística
Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas de información económica, orzamentaria e estatística que recolle a normativa básica en materia de transparencia e que, a maiores, incorpora tamén a Lei de transparencia e bo goberno e tamén aquelas outras que esta última sinala como obrigas específicas de información patrimonial, en materia de contratación pública, sobre concesión de servizos públicos, sobre convenios, sobre encomendas de xestión e encargos a medios propios e sobre subvencións.
Información en materia de persoal
Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas específicas de información en materia de persoal que recolle a normativa básica en materia de transparencia e que, a maiores, incorpora tamén a Lei de transparencia e bo goberno.
Ordenación do territorio e medio ambiente
Incorpóranse neste bloque todas aquelas obrigas de informar sobre cuestións relativas á ordenación de territorio e ao medio ambiente que recolle a normativa básica en materia de transparencia e aquelas outras que, a maiores, incorpora tamén a Lei de transparencia e bo goberno.