Órgano ou entidade tramitadora:
Secretaría Xeral Técnica
Departamento:
Consellería do Mar - Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
Inicio da tramitación: 10/07/2025
Obxecto:
tras o sometemento ao primeiro trámite de exposición pública do proxecto de decreto polo se modifica o Decreto 15/2011, do 28 de xaneiro, polo que se regulan as artes, aparellos, útiles, equipamentos e técnicas permitidos para a extracción profesional dos recursos mariños vivos en augas de competencia da Comunidade Autónoma, no Portal de transparencia e Goberno aberto realizado entre o 17 de setembro e 15 de outubro de 2025, incorporáronse modificacións sustanciais ao texto, como é a disposición derradeira primeira, que supón unha modificación do Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se refunde a normativa vixente sobre o permiso de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira, para permitir aos armadores de embarcacións ser titulares de concesións ou autorizacións administrativas para a explotacións dos recursos mariños en zona marítima ou marítimo-terrestre.
Por tal motivo, sométese a unha segunda participación pública o texto do citado proxecto normativo.
Estado actual:
Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións:
pechado desde
10/07/2026
Suxestións recibidas: 6