Proxecto de decreto polo que se regulan os itinerarios culturais de interese autonómico

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Cultura

Departamento: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura

Inicio da tramitación: 30/03/2026

Obxecto:

este decreto ten por obxectivo regular os itinerarios culturais de interese autonómico, o seu recoñecemento, o seu réxime xurídico básico e os efectos do recoñecemento administrativo. Así mesmo, a apartir deste recoñecemento, preténdese fomentar e difundir estes itinerarios, en canto instrumentos de promoción cultural.

Os itinerarios culturais de interese autonómico, creados pola Lei 3/2024, do 5 de decembro, de cultura inclusiva e accesible de Galicia, concíbense como percorridos exentos da protección patrimonial propia das vías reguladas pola Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (os Camiños de Santiago) e, en consecuencia, de diferente natureza e alcance, pero que merecen unha especial atención por ser elementos que visibilizan a cultura material e inmaterial de Galicia e contribúen a difundir a identidade cultural en territorios en risco de exclusión cultural.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 23/06/2026

Suxestións recibidas: 8