Anteproxecto de lei de Administración Local de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Administración Local

Departamento: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Administración Local

Inicio da tramitación: 11/02/2025

Obxecto:
  • A adaptación da regulación local galega á realidade municipal e demográfica actual, proporcionando ferramentas que garantan a calidade da prestación dos servizos municipais
  • O establecemento dun sistema de repartición de competencias claro e preciso
  • O reforzamento do papel das deputacións provinciais como garantía da autonomía municipal
  • A potenciación da autonomía local e a potestade de autoorganización das entidades locais galegas
  • A oferta ás entidades locais galegas dun amplo catálogo de fórmulas para garantir o exercicio das competencias municipais e a prestación dos servizos públicos básicos
  • O fortalecemento da coordinación e colaboración da comunidade autónoma coas entidades locais galegas
  • A definición dos municipios que se atopen en situación de reto demográfico con medidas específicas tendentes a reforzar estes concellos
  • A modernización da organización e funcionamento das entidades locais a través dun modelo de xestión pública local moderno, innovador e acorde cos novos paradigmas de Goberno local
  • E, dentro da competencia autonómica, o establecemento dun novo sistema de financiamento local que integrará, entre outras cuestións, criterios de dispersión e envellecemento

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 05/03/2026

Suxestións recibidas: 46