Proxecto de decreto polo que se regula o Estatuto das Mulleres do sector marítimo-pesqueiro de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería do Mar - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 31/07/2025

Obxecto:

o obxecto do presente decreto é a regulación do Estatuto das Mulleres do sector marítimo-pesqueiro de Galicia mediante o establecemento de mecanismos tendentes a facer efectivo o dereito á igualdade de trato e a non discriminación das mulleres do sector marítimo-pesqueiro, removendo os atrancos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitando a súa participación na vida política, económica, cultural e social, consonte ao disposto no artigo 9.2 da Constitución española e no artigo 4 do Estatuto de Autonomía de Galicia.

 

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 07/01/2026

Suxestións recibidas: 4