Anteproxecto de Lei de cooperativas de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Departamento: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 15/11/2023

Obxecto:

fortalecer e modernizar o cooperativismo galego no seu conxunto, pon o foco na capacidade desta fórmula para seguir impulsando a creación de novas iniciativas en sectores clave para o territorio —como os servizos sociais, a enerxía ou a vivenda—, proporcionándolles maior seguridade xurídica e ferramentas máis claras e adaptadas á nova realidade socioeconómica. 

Ao mesmo tempo, incorpora medidas de simplificación administrativa e de reforzo da dixitalización e profesionalización do sector para facilitar tanto a creación e posta en marcha de novas cooperativas como a xestión e consolidación das xa existentes, reforzando a súa presenza en todo o territorio galego.

Reforzar o papel do cooperativismo na creación de emprego e no impulso do emprendemento, especialmente no rural. A normativa actualizará, entre outras cuestións, o réxime xurídico, incorporará ferramentas para mellorar a xestión e facilitará a posta en marcha de novos proxectos, fortalecendo a autonomía organizativa das entidades e reforzando a promoción e formación.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 29/10/2025

Suxestións recibidas: 34