Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Cultura
Departamento: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura
Inicio da tramitación: 30/05/2025
este decreto encádrase no contexto da nova Lei 3/2024 para dar cumprimento aos obxectivos, principios e liñas de actuación definidas. Preténdese potenciar a oferta e o acceso á cultura no rural de Galicia partindo dunha estratexia de cooperación e colaboración dos poderes públicos galegos con entidades sen ánimo de lucro que desenvolven as súas actuacións no rural.O obxecto do decreto é a creación da Rede de Dinamización da Cultura no Rural de Galicia, Rede Adival, así como a regulación do seu funcionamento.A Rede Adival concíbese como a estrutura de recursos organizada e coordinada pola consellería competente en materia de cultura, da que poderán formar parte as entidades culturais privadas sen ánimo de lucro, e ten como obxectivo dinamizar a actividade cultural no territorio rural de Galicia. Preténdese conectar ás entidades culturais e á Xunta de Galicia nunha rede de carácter voluntario que permita aumentar exponencialmente a oferta cultural de calidade no rural de Galicia.
Estado actual: Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 28/07/2025
Suxestións recibidas: 3