Proxecto de orde pola que se establece o procedemento de comunicación polas entidades financeiras de bens mobles e saldos abandonados

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Departamento: Consellería de Facenda e Administración Pública - Secretaría Xeral Técnica e do Tesouro

Inicio da tramitación: 25/11/2024

Obxecto:

regular a forma, prazos, condicións e o procedemento de comunicación por parte das entidades de crédito, sociedades ou axencias de valores ou calquera outra entidade financeira establecida en Galicia, dos saldos, depósitos e bens mobles abandonados que corresponden á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tales os depósitos e contas correntes en efectivo, os valores e os bens mobles abandonados que poidan estar depositados en base a un contrato de servizo de caixa de seguridade. 

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 24/07/2025

Suxestións recibidas: 4