Órgano ou entidade tramitadora:
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Departamento:
Consellería de Economía e Industria - Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Inicio da tramitación: 21/05/2024
Obxecto:
o obxecto da norma é a adaptación da normativa autonómica ao Real Decreto 355/2024, do 2 de abril, polo que se aproba a Instrución Técnica Complementaria ITC AEM 1 «Ascensores», que regula a posta en servizo, modificación, mantemento e inspección dos ascensores, así como o incremento da seguridade do parque de ascensores existente.
Así mesmo, desenvolver no ámbito de competencias da Comunidade Autónoma de Galicia os aspectos que o citado real decreto deixa a criterio das comunidades autónomas.
Respecto das disposicións introducidas pola ITC AEM 1 relativas ao mantemento e á inspección regulamentaria de ascensores, faise necesario aclarar e definir diferentes aspectos relativos aos ascensores, que afectan a titulares das instalacións, empresas conservadoras e organismos de control habilitados para a súa inspección, co obxectivo de protexer as persoas e as cousas de incidentes que puidesen producirse como consecuencia do seu funcionamento e mantemento.
Estado actual:
Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións:
pechado desde
20/06/2025
Suxestións recibidas: 3