Proxecto de decreto polo que se regula a composición e o funcionamento do Observatorio da Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Cultura

Departamento: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Dirección Xeral de Cultura

Inicio da tramitación: 14/03/2025

Obxecto:

este decreto ten por obxecto regular a composición e o funcionamento do Observatorio da Cultura Inclusiva e Accesible de Galicia, como órgano colexiado, de asesoramento e participación institucional do sector cultural.

A creación deste órgano está prevista no artigo 22 da Lei 3/2024, do 5 de decembro, de cultura inclusiva e accesible de Galicia, onde tamén se sentan as bases da súa futura configuración e tamén os seus obxectivos: a observancia e o seguimento do cumprimento desta norma, a análise e avaliación de necesidades, a participación institucional e a emisión de propostas de actuación en materia de inclusión e de accesibilidade no conxunto de ámbitos da cultura de Galicia.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 23/05/2025