Proxecto de decreto polo que se modifica o Decreto 172/2022, do 6 de outubro, polo que se aproba o Catálogo de actividades que deben adoptar medidas de autoprotección e polo que se fixa o contido desas medidas

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Departamento: Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes - Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

Inicio da tramitación: 02/04/2025

Obxecto:

modificar algún dos aspectos do Decreto 172/2022 para facilitar a súa aplicación. Así, complétanse as definicións, clarifícase que os simulacros forman parte do mantemento do plan e inclúese para actividades temporais a posibilidade e emitir unha declaración responsable previa ao certificado de implantación para este tipo de actividades.

En canto ao rexistro, establécese a posibilidade de proceder ás baixas de oficio, estrutúranse os apartados e agrúpanse os planos.

Respecto ao catálogo, ademais de estruturar os apartados, inclúense no mesmo os túneles das estradas do Estado.

E por último, modifícase o prazo na comunicación á administración autonómica da celebración de eventos para ser máis realistas, e establécese a obriga de contar cun exemplar do plan no punto de recepción de medios externos para todas as actividades do Catálogo.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 14/05/2025