Proxecto de orde pola que se modifica a Orde do 16 de abril de 2014 pola que se regulan as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 07/09/2023

Obxecto:

en virtude da Orde do 16 de abril de 2014 regúlanse as condicións dos ingresos e traslados en servizos prestados en centros propios ou concertados, no ámbito da atención á dependencia e da promoción da autonomía persoal. Esta orde ten por obxecto a regulación das condicións aplicables para o ingreso e traslado nos servizos de atención residencial, atención diúrna, atención nocturna e servizos de supervisión e apoios puntuais prestados desde os equipamentos especiais regulados no referido Decreto 149/2013, do 5 de setembro,  polo que se define a carteira de servizos sociais para a promoción da autonomía persoal e atención á persoas en situación de dependencia e se determina o sistema de participación das persoas usuarias no financiamento do seu custo, destinados a persoas maiores, a persoas con discapacidade e a persoas en situación de dependencia, dentro da rede pública de servizos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, tanto de  xestión  directa, como indirectamente a través das diversas modalidades de contratación da xestión de servizos públicos establecidas na normativa reguladora dos contratos do sector público.

A experiencia acumulada na aplicación da antedita Orde do 16 de abril de 2014, o compromiso coas persoas para a mellora da xestión dos recursos e da atención adaptando o sistema de atención ás necesidades persoais e sociais, determinan abordar unha modificación da referida orde no que respecta á regulación dos ingresos e traslados, a asignación e baixa de prazas, órganos competentes ao abeiro da última estrutura orgánica da consellería con competencias en materia de servizos sociais e actualización dos anexos.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 10/01/2024

Suxestións recibidas: 1