Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Departamento: Consellería de Cultura, Educación e Universidade - Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional
Inicio da tramitación: 19/05/2021
este decreto ten por obxecto a creación do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional, encargado da investigación e da innovación aplicada e a transferencia dos resultados dos proxectos de I+D+i a todos os centros que impartan formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
O centro ten natureza de servizo de innovación, investigación aplicada e apoio á docencia, así como a diferentes organismos e empresas, e queda adscrito organicamente á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, dependendo orgánica e funcionalmente desta no desenvolvemento das funcións que se determinan neste decreto.
Estado actual: Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 09/07/2021