Anteproxecto de lei de recoñecemento da universidade privada Universidad Intercontinental de la Empresa con sede na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 19/07/2019

Obxecto:

recoñecer como universidade privada do Sistema Universitario de Galicia a Universidad Intercontinental de la Empresa para impartir ensinanzas dirixidas á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional nas modalidades presencial e semipresencial.

O proxecto regula aspectos relativos á estrutura e organización académica, inicio e cesamento de actividades, requisitos de acceso do estudantado, garantía de actividade e inspección e control por parte da comunidade autónoma, todo iso en cumprimento do establecido no Real Decreto 420/2015, do 29 de maio, de creación, recoñecemento, autorización e acreditación de universidades e centros universitarios, ditado en desenvolvemento da Lei orgánica 6/2001 de Universidades, así como o previsto na Lei 6/2013, de 13 de xuño, do Sistema Universitario de Galicia.

Estado actual: Pendente de aprobación

Prazo para remitir suxestións: pechado desde 30/09/2019

Suxestións recibidas: 2