Limpar formulario principal
Buscar... no buscador principal
Buscar no portal
Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica
Departamento: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 25/06/2019
En Galicia existe un valioso acervo histórico-patrimonial de carácter educativo que se foi configurando e incrementando no devir das décadas nos centros educativos, onde actualmente permanece depositado e custodiado. No ano 2002, tendo presente a inquedanza dos Institutos e a administración por preservar todo este acervo patrimonial, comenzaron as primeiras reunións dos representantes dos Institutos Históricos de Galicia e do equipo do Museo Pedagóxico de Galicia para iniciar un acordo de colaboración co obxectivo de preservar e poñer en valor o patrimonio que albergan estes centros. Ambas partes rubricaron nese momento, un protocolo de carácter asociativo que facilita a interconexión e funcionamento de cada unha das partes e que se denominou "Rede Mupega".Deste xeito, o Mupega actúa como eixe vertebrador para promover o desenvolvemento dunha normativa autonómica co obxectivo de, non só garantir a conservación e poñer en valor o patrimonio de cada un dos seis Institutos Históricos da nosa comunidade, senón tamén de facilitar a xestión das coleccións nos propios centros e crear un procedemento para que outros centros que a día de hoxe non pertencen a Rede Mupega poidan ter a consideración e recoñecemento de Instituto Históricos.
Estado actual: Pendente de aprobación
Prazo para remitir suxestións: pechado desde 06/08/2019
Suxestións recibidas: 3