Decreto 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral da Lingua

Departamento: Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude - Secretaría Xeral da Lingua

Inicio da tramitación: 25/06/2025

Data da publicación no DOG: 10/04/2026

Obxecto:

coa regulación deste decreto perséguese chegar a unha versión máis actualizada e nun único documento do novo Nomenclátor de Galicia conforme ao disposto no artigo 10 da Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística e no artigo 2 do Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG