Decreto 30/2026, do 20 de abril, polo que se crea a Mesa de Diálogo Social de Galicia e se establece a súa composición, organización e funcionamento

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Emprego, Comercio e Emigración - Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais

Inicio da tramitación: 24/10/2025

Data da publicación no DOG: 24/04/2026

Obxecto:

este decreto ten por obxecto a creación, ao abeiro do disposto na Lei 17/2008, do 29 de decembro, de participación institucional das organizacións sindicais e empresariais intersectoriais máis representativas de Galicia, da Mesa de Diálogo Social de Galicia, así como a regulación das súas funcións, composición, organización e réxime de funcionamento. 

A Mesa do Diálogo Social de Galicia constitúese como o órgano institucional permanente de encontro ao máximo nivel entre a Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais e empresarial intersectoriais máis representativas de Galicia, como expresión do diálogo social e para o fomento deste, en canto factor de cohesión social e progreso económico de Galicia. 

A Mesa ten natureza de órgano colexiado, que actuará no exercicio das súas funcións con plena independencia e sometemento ao ordenamento xurídico. 

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 3