Decreto 55/2025, do 30 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2025/26

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 03/04/2025

Data da publicación no DOG: 09/07/2025

Obxecto:

o presente decreto fixa os importes que deberá aboar o alumnado polos estudos universitarios conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, correspondentes ao curso 2025/26, tendo en conta o custo estimado dos servizos académicos, así como a diferenza entre o prezo da primeira matrícula fronte ao prezo da segunda e sucesivas matrículas.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG