Decreto 60/2025, do 21 de xullo, polo que se regulan as entidades de certificación de conformidade municipal na Comunidade Autónoma de Galicia e o seu rexistro

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Departamento: Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas - Secretaría Xeral de Vivenda e Urbanismo

Inicio da tramitación: 10/01/2025

Data da publicación no DOG: 28/07/2025

Obxecto:

a norma ten por obxecto desenvolver o réxime xurídico aplicable ás entidades de certificación de conformidade municipal na Comunidade Autónoma de Galicia e regular o seu rexistro. Concretamente, a norma regula as funcións e os requisitos destas entidades, as súas obrigas e incompatibilidades, o procedemento para atender as reclamacións que se presenten contra as súas actuacións e as especificacións derivadas do réxime sancionador. Así mesmo, o decreto desenvolve a regulación do Rexistro de Entidades de Certificación de Conformidade Municipal da Comunidade Autónoma de Galicia, adscrito á consellería competente en materia de urbanismo. 

A regulación proposta debe realizarse mediante unha norma con rango de decreto, en virtude dos mandatos recollidos nos artigos 146.bis) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 47 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, que remiten ao correspondente desenvolvemento regulamentario.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 5