Decreto 75/2025, do 4 de agosto, polo que se regula a formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas establecidas na Lei 2/2006, do 3 de maio, en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional - Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

Inicio da tramitación: 04/10/2024

Data da publicación no DOG: 28/08/2025

Obxecto:

esta norma ten por obxectivo regular o modelo (planificación, estrutura, organización e funcionamento) de formación permanente do profesorado que imparte as ensinanzas non universitarias establecidas na Lei orgánica de educación, en centros educativos sostidos con fondos públicos na Comunidade de Galicia, entendendo como formación permanente o conxunto de actuacións e actividades, dirixidas ao profesorado de ensinos non universitarios, que promoven a súa actualización, así como o perfeccionamento e a mellora continua das súas competencias profesionais para o desempeño das súas funcións docentes e tendo en conta que a formación permanente é un dereito e un deber do profesorado e dos centros educativos e unha responsabilidade da administración educativa.

O decreto consta de 27 artigos, dúas disposicións adicionais, tres disposicións transitorias, unha disposición derrogatoria e tres disposicións derradeiras, distribuídos en seis capítulos. O primeiro recolle as disposicións xerais e define o obxecto, destinatarios principios e finalidades; o segundo explicita as estratexias que utilizará para a formación do profesorado; o terceiro recolle a organización da formación permanente do profesorado; o cuarto define os mecanismos de avaliación da formación; o quinto determina as colaboracións con outras institucións; e o sexto recolle a normativa en materia de certificación e rexistro.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1