Orde do 2 de outubro de 2024 pola que se regula a educación básica para persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Formación Profesional

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional - Dirección Xeral de Formación Profesional

Inicio da tramitación: 28/05/2024

Data da publicación no DOG: 25/10/2024

Obxecto:

esta orde ten por obxecto regular a educación básica para persoas adultas e establecer o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Consta dun total de 43 artigos, unha disposición adicional única, unha disposición derrogatoria única e dúas disposicións derradeiras, distribuídas en tres títulos, o primeiro deles establece as disposicións xerais, o segundo regula a organización e desenvolvemento do currículo, constando á súa vez dun total de seis capítulos, e o terceiro regula os documentos oficiais de avaliación.

Contén igualmente un total de vinte anexos, dos cales o I establece o currículo dos ámbitos da Educación Básica para Persoas Adultas, o anexo II establece a distribución horaria destas ensinanzas, o anexo III a atribución de especialidades do profesorado aos distintos ámbitos de coñecemento, os anexos de IV a XVI as equivalencias e validacións e finalmente, os anexos de XVII a XX recollen os documentos básicos de avaliación.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG