Decreto 74/2025, do 4 de agosto, polo que se regula o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios e se establecen requisitos de hixiene na produción e comercialización para determinados establecementos

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Sanidade

Inicio da tramitación: 04/05/2023

Data da publicación no DOG: 27/08/2025

Obxecto:

este decreto ten por obxecto:

  • Regular o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa), así como o procedemento para a inscrición, modificación e cancelación rexistral das empresas, locais e establecementos alimentarios no citado rexistro.
  • Definir as condicións de comercialización entre establecementos de venda polo miúdo e a comercialización de alimentos elaborados en locais utilizados principalmente como vivenda privada.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1