Decreto 164/2024, do 24 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2024/25

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral de Universidades

Departamento: Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional - Secretaría Xeral de Universidades

Inicio da tramitación: 03/05/2024

Data da publicación no DOG: 03/07/2024

Obxecto:

o presente decreto fixa os importes que deberá aboar o alumnado polos estudos universitarios conducentes á obtención de títulos de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional, correspondentes ao curso 2024/25, tendo en conta o custo estimado dos servizos académicos, así como a diferenza entre o prezo da primeira matrícula fronte ao prezo da segunda e sucesivas matrículas.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG