Orde do 13 de xuño de 2025 pola que se aproba a norma técnica das conservas artesás de peixes e mariscos

Órgano ou entidade tramitadora: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Departamento: Consellería do Mar - Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

Inicio da tramitación: 26/04/2024

Data da publicación no DOG: 25/06/2025

Obxecto:

esta orde ten por obxecto aprobar a norma técnica das conservas artesás de peixes e mariscos, actividade artesanal alimentaria para a elaboración de produtos ou grupo de produtos dos recollidos no anexo I do Decreto 174/2019, do 19 de decembro, polo que se regula a artesanía alimentaria.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG

Suxestións recibidas: 1