Órgano ou entidade tramitadora:
Axencia Galega de Infraestruturas
Departamento:
Consellería de Infraestruturas e Mobilidade - Axencia Galega de Infraestruturas (AXI)
Inicio da tramitación: 25/01/2022
Data da publicación no DOG: 31/05/2023
Obxecto:
o obxectivo deste decreto é adaptar os preceptos do Regulamento xeral de estradas de Galicia aos cambios producidos na disposición legal que este desenvolve, de tal xeito que se eviten as contradicións que os cambios introducidos na Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia provocaron, en relación co texto do antedito Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Tamén se realizan outros cambios, no texto do Regulamento xeral de estradas de Galicia, que teñen por obxecto rectificar, simplificar e aclarar a interpretación dalgún dos seus preceptos, dado que, transcorridos varios anos dende a súa entrada en vigor, a experiencia acumulada puxo de manifesto certas dificultades para a súa aplicación práctica por parte dos órganos administrativos competentes para esta.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG