Órgano ou entidade tramitadora:
Secretaría Xeral Técnica
Departamento:
Consellería de Sanidade - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 13/04/2021
Data da publicación no DOG: 07/01/2026
Obxecto:
en Galicia, o alcohol, o tabaco e o cánnabis son as tres substancias máis consumidas pola poboación. Os datos existentes de consumos na mocidade alertan de que é preciso seguir avanzando nas medidas que reduzan este problema protexendo principalmente a poboación máis nova, pero sen esquecer que as adiccións tamén afectan á poboación adulta e que os comportamentos desta repercuten inevitablemente na poboación nova. A solución pasa por combinar necesariamente accións preventivas, educativas e outras que axuden a modificar o medio físico e social no que se desenvolve a cidadanía.
O anteproxecto de lei ten por obxecto regular, no marco das competencias que a Comunidade Autónoma de Galicia ten atribuídas estatutariamente, as actuacións e iniciativas que se realicen no ámbito da protección da saúde das persoas menores, así como para a prevención de condutas adictivas.
As medidas contempladas neste anteproxecto de lei teñen como obxecto fundamental incidir sobre a sociedade no seu conxunto para avanzar na desnormalización do consumo das substancias psicoactivas e das adiccións sen substancia por persoas menores de idade en todos os ámbitos.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 52