Orde do 28 de marzo de 2023 pola que se amplía o prazo para a xustificación e avaliación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios muncipais correspondente ao exercicio 2022, así como para a presentación do proxecto anual de servizos sociais comunitarios municipais correspondentes ao ano 2023

Órgano ou entidade tramitadora: Secretaría Xeral Técnica

Departamento: Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica

Inicio da tramitación: 21/03/2023

Data da publicación no DOG: 30/03/2023

Obxecto:

o obxecto da norma consiste na ampliación do prazo establecido para a xustificación e avaliación polos concellos da execución do proxecto anual de servizos sociais municipais correspondente ao exercicio 2022  e para a presentación do proxecto anual de servizos sociais municipais para o ano 2023. 

O prazo establecido do 31 de marzo de 2023, en virtude da presente disposición, amplíase ata o día  30 de abril de 2023, incluído.

Estado actual: Aprobada e publicada no DOG