Órgano ou entidade tramitadora:
Secretaría Xeral Técnica
Departamento:
Consellería de Política Social e Xuventude - Secretaría Xeral Técnica
Inicio da tramitación: 04/10/2022
Data da publicación no DOG: 06/02/2023
Obxecto:
a creación do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia, órgano colexiado de natureza consultiva e de participación, cuxo fin é artellar a intervención dos nenos, nenas e adolescentes, facilitándolles un espazo para que se expresen, propoñan ideas e tomen decisións no ámbito autonómico sobre aquelas cuestións que lles afecten directa ou indirectamente. O obxectivo é promover a participación activa da infancia e adolescencia onde os nenos, nenas e adolescentes adquiran un protagonismo real, colaborativo e non competitivo, fomentando o desenvolvemento das súas capacidades e a asunción de responsabilidades a través do diálogo entre o Consello e a Administración pública.
Á súa vez, ten como finalidade a consulta, asesoramento, proposta e seguimento de todos os asuntos que lles afecten e interesen.
Así mesmo, o proxecto normativo regula a composición do órgano, as funcións e o réxime de funcionamento e estará adscrito á consellería competente en materia de infancia.
Estado actual:
Aprobada e publicada no DOG
Suxestións recibidas: 5